Saltar ao contido

UGT-Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UGT-Galicia
Tiposindicato
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1979
Organización matrizUnión Xeral de Traballadores
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.ugtgalicia.org/
editar datos en Wikidata ]

A Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) é a federación territorial galega da Unión General de Trabajadores (UGT), un sindicato cuxo ámbito de actuación abrangue todo o Estado español.

Ver artigo principal: Historia da UGT.

A UGT foi fundada no ano 1888 en Barcelona polo galego Pablo Iglesias Posse como un sindicato de ideoloxía socialista. Só nove anos antes, o seu promotor fundara o PSOE como vertente política desta ideoloxía.

Após a fundación, a UGT comezou a operar en todo o Estado español, convivindo ou rivalizando con outros modelos sindicais. A sublevación militar de 1936 contra o réxime republicano resolveuse en moi pouco tempo en Galicia a favor dos golpistas, polo que moitos representantes da UGT se viron obrigados a fuxir e o patrimonio sindical foi incautado. Con todo, a UGT continuou a traballar en Galicia desde a clandestinidade durante toda a ditadura, e cando regresa a democracia a UGT contaba xa con 34 unións locais que posteriormente conformarían a UGT-Galicia [1].

O congreso de constitución da UGT-Galicia tivo lugar os días 13 e 14 de outubro de 1979, en Santiago de Compostela. O primeiro secretario xeral foi Javier Pedrido Fraiz. A Unión Xeral de Traballadores de Galicia, integrada na Unión General de Trabajadores de España, declárase como unha «organización autónoma e independente de calquera inxerencia externa, unha organización que se move única e exclusivamente pola vontade dos seus afiliados, tendo como norma máxima de funcionamento a democracia absoluta» [1].

Dirixentes

[editar | editar a fonte]

O máximo cargo na UGT-Galicia é a Secretaría Xeral. Desde a constitución do sindicato en 1979, os secretarios xerais foron: