UE Mataró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «UE Mataró Germans Homs»)
UE Mataró Homs
Información xeral
Liga EBA
Fundación 1930
Historia Iluro SC (1930−1939)
CD Mataró (1939−1991)
CB Mataró (1991−2011)
Cores           Amarelo, violeta
Presidente Joan Pi
Adestrador Charly Giralt
Localización
Cidade España Mataró, España
Pavillón Palau Josep Mora
Capacidade 2 500
uemataro.com

A Unió Esportiva Mataró, coñecido por motivos de patrocinio UE Mataró Germans Homs, é un equipo de baloncesto español con sede en Mataró, Cataluña. Actualmente compite no grupo C-1 da Liga EBA. A súa época máis destacada foron as décadas de 1960 e 1970, cando o club competiu durante doce temporadas na 1ª División.

Historia[editar | editar a fonte]

A Unió Esportiva Mataró ten a súa orixe no ano 1930 cando se crea a sección de baloncesto do Iluro SC e da Agrupación Deportiva Mataró.[1] Despois da Guerra Civil, o Iluro SC convértese no Club Deportivo Mataró, equipo que chega á 1ª División española na temporada 1963−64 con Antoni Serra de adestrador. Na máxima categoría permanece durante doce anos, incluíndo dous descensos e ascensos no camiño. Porén, o club sufriu numerosos problemas económicos que o alonxaron da elite definitivamente. A partir de 1991 o equipo de baloncesto adopta o nome de Club Bàsquet Mataró e, desde o 2011, Unión Deportiva Mataró.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o Mataró tivo os seguintes nomes ao longo da súa historia na 1ª División:

  • Molfort's Mataró (1965−1970)
  • Ignis Mataró (1970−1975)

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa Competicións europeas
1962–63 2 2ª División
1963–64 1 1ª División 5–7
1964–65 1 1ª División 5–9
1965–66 1 1ª División 11–7 Cuartos de final
1966–67 1 1ª División 9–11 Cuartos de final
1967–68 1 1ª División 9−11 Cuartos de final
1968–69 1 1ª División 8–1−13 Cuartos de final
1969–70 1 1ª División 9–13 Cuartos de final
1970–71 1 1ª División 11º 5–1–16
1971–72 2 2ª División 17−1–4
1972–73 1 1ª División 12–1–17 Oitavos de final
1973–74 1 1ª División 13º 8–20 Cuartos de final
1974–75 1 1ª División 12º 7–15
1975–76 2 2ª División 13−11
1976–77 2 2ª División 20–8
1977–78 1 1ª División 11º 6−1–15

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Unió Esportiva Mataró". Enciclopèdia.cat. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]