Turismofobia
A turismofobia é un neoloxismo polémico [1](formado a partir de «turismo» e «-fobia»[2]) referido ao odio, animadversión ou rexeitamento cara ao turismo e, máis concretamente, aos efectos negativos que o turismo de masas trae a unha determinada poboación ou sociedade. A saturación turística, a sobreexplotación hoteleira e as consecuencias negativas do turismo son algúns dos xermes da turismofobia, coñecida noutros países coma overtourism. Diversos grupos sociais amosáronse en contra do turismo masivo, en ocasións de xeito violento.
Causas
[editar | editar a fonte]A turismofobia e o rexeitamento teñen unha orixe complexa. Baséase principalmente na idea de que o impacto do turismo na economía e na sociedade do país ou rexión receptora posúa máis efectos negativos que positivos, ou ben que os efectos positivos non se reflicten na práctica na meirande parte da poboación.
Conversión de espazos públicos en privados
[editar | editar a fonte]A explotación turística pode traer consigo o aproveitamento de espazos públicos por empresas privadas, previa licenza das autoridades pertinentes. Así pois, isto pode significar que espazos públicos, coma prazas, praias ou parques, pasen a ser utilizados por empresas ou particulares, privando aos residentes e á cidadanía en xeral do usufruto destes espazos.
Mención especial merecen os areais e praias. Estes espazos foron obxecto de uso privado, ben mediante a privación dos accesos, ben mediante a colocación de hamacas e parasoles.[3][4]
Inflación e redución do poder adquisitivo
[editar | editar a fonte]A recepción de turistas procedentes de países con maior poder adquisitivo pode levar a unha tendencia inflacionista e un aumento dos prezos que prexudicaría ós cidadáns residentes. O aumento dos prezos do alugueiro[5] ou da compra por metro cadrado dos inmobles son algunhas das principais problemáticas que sinalan os colectivos anti-turismo.
Emprego precario
[editar | editar a fonte]Diversos economistas sosteñen que a turismofobia pode ter tamén orixe na idea de que un modelo económico baseado no turismo non se reflicte en melloría económica para a sociedade receptora dos turistas[6]. O turismo crearía empregos principalmente no sector servizos, sobre todo en hostalaría e lecer. Estes ámbitos adoitan fomentar o traballo temporal, estacionario e precario, o cal non beneficiaría a economía local.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Montero González. El Diario, ed. "#Turismofobia". Consultado o 10 de outubro de 2017.
- ↑ Fundeu (ed.). "Turismofobia.". Consultado o 10 de outubro de 2017.
- ↑ Serrano-COnde, Laura. La Vanguardia, ed. "Las playas italianas, un placer privado.". Consultado o 10 de outubro de 2017.
- ↑ Legalitas (ed.). "Colocación de sombrillas y hamacas en las playas ¿Por qué tantas diferencias?". Consultado o 10 de outubro de 2017.
- ↑ Asociació d'Apartaments Turístics de Barcelona. (ed.). "El impacto del alquiler de viviendas de uso turístico en el mercado de alquiler residencial de Barcelona." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2017.
- ↑ Gutiérrez, Ingrid. El Economista, ed. "Empleo precario y escasos márgenes empañan el 'boom' del turismo español.". Consultado o 10 de outubro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Claudio Milano. Overtourism e Turismofobia: Tendencias globais e contextos locais. The Ostelea School of Tourism and Hospitality. Dispoñíbel aquí.