Saltar ao contido

Tubérculo de Darwin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O tubérculo de Darwin na orella dunha muller e na dun macaco, respectivamente.

O tubérculo de Darwin é un engrosamento cartilaxinoso do bordo da orella[1], presente en moitos seres humanos, interpretado coma un vestixio da punta da orella común en mamíferos. Trátase dun órgano vestixial, é dicir, un órgano cuxa función orixinal se perdeu durante a evolución. Está presente en arredor dun 10.4% da poboación mundial.[2]

Recibe o seu nome en honor a Charles Darwin, que o describiu no seu libro The Descent of Man como exemplo de característica vestixial que indicaba que o home tiña un antepasado común con outros primates, aínda que non foi Darwin quen lle chamou tubérculo de Darwin.

O xene que orixina o tubérculo de Darwin no home hérdase como un carácter autosómico dominante pero ten unha penetrancia xenética incompleta, o que significa que as persoas que posúen o xene non necesariamente presentarán o fenotipo.[3]

  1. Descrición do tubérculo de Darwin Arquivado 13 de xuño de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. "An anthropometric study of the ear in an adult population", International Journal of Anthropology, Issue Volume 1, Number 2 / June, 1986 ISSN 0393-9383
  3. Spinney, Laura (2008). "Vestigial organs: Remnants of evolution". New Scientist 198 (2656): 42. doi:10.1016/S0262-4079(08)61231-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]