Trocozoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Trocozoos
Haliotis asinina trochophore.jpg

A larva trocófora dos trochozoos

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen clasificación: Bilateria
Superfilo: Lophotrochozoa
Sen clasificación: Trochozoa
Filo

Os Trocozoos (Trochozoa) forman un grupo de varios filos de animais protóstomos, que teñen en común o feito de estar unidos pola presencia nas fases embrionarias de larvas trocóforas, as cales teñen dúas bandas de cilios arredor da metade do seu corpo.

Recentes estudos de ADN parecen confirmar a unidade deste grupo, sendo polo tanto un grupo monofilético e tendo como grupos moi próximos os lofoforados. Esta é a razón pola que se creou un clado que os asocia nun único grupo e que leva o nome de lofotrocozoos[1]. Ata hai pouco, os Artrópodos (insectos e crustáceos) considerábanse posibles parentes próximos dos Anélidos, isto estaba baseado no feito de que ámbolos dous grupos están segmentados, pero os artrópodos non posúen larva trocófora e ademais non existen evidencias moleculares que apoien unha estreita relación entre estes grupos.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Giribet, G. (2008). "Assembling the lophotrochozoan (=spiralian) tree of life". Philosophical transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological sciences 363 (1496): 1513–1522.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]