Saltar ao contido

Tritanomalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luz branca refractada polo prisma
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A tritanomalía é unha anomalía visual conxénita que afecta á visión das cores. O individuo que a presenta ten reducida capacidade para distinguir a diferenza entre algúns tons de azul e amarelo. É unha variante pouco frecuente de discromatopsia ou daltonismo que presenta o 0.01% da poboación.[1]

Discriminación da cor

[editar | editar a fonte]

Os individuos cun só tipo de cono fotorreceptor na retina non poden distinguir as cores, por exemplo na acromatopsia. A visión en cor require polo menos dúas series de conos fotorreceptores con diferentes sensibilidades espectrales.

Nas «divarianzas» pódense detectar dous valores de brillo para cada obxecto. Comparando ambos os brillos o cerebro xa é capaz de distinguir as cores, pero a visión normal require de polo menos tres series de conos fotorreceptores na retina.

Nos «sistemas trivariantes» ou «trivarianzas» posúense tres fotorreceptores. Grazas a ese tres fotorreceptores, os individuos con visión normal son capaces de igualar a cor de cada composición espectral de luz mediante a adecuada combinación das tres cores primarias: vermello, verde, e azul; pero mesmo na «trivarianza» poden existir tipos de visión defectiva da cor.

Visión defectiva do azul

[editar | editar a fonte]

A «tritanomalía» é unha ambigüidade no «sistema trivariante». A alteración prodúcese no terceiro pigmento chamado «tritos». Trátase dunha deficiencia conxénita na visión, un defecto no sistema receptor da cor azul. Os individuos con dificultades para distinguir a cor azul denomínanse «tritanómalos» e o seu comportamento colorimétrico é «tricrómata anormal».

Os individuos «tritanómalos» ou con «tritanomalía» son «tricrómatas» porque posúen o tres sistemas de conos, as células responsables da visión en cores. A súa capacidade de discriminación da cor azul é de grao medio e o tipo de deficiencia é «tritán», é dicir, correspondente ao amarelo-azul, cun máximo de 500 e sen puntos negros.

Poden imitar artificialmente as cores pola mestura aditiva do tres loces espectrales, pero ao ter unha anomalía non aceptan as mesturas de cores axustadas para os «tricrómatas normais» que poden visualizar normalmente todas as cores do espectro visual. É por iso que deben engadir un exceso de azul para obter a cor azul.

A «tritanomalía» pode consistir nunha capacidade parcial de percepción da cor azul ou nunha incapacidade total. Se os conos S da retina —que son os que perciben as lonxitudes de onda lumínicas curtas— do individuo «tritanómalo» faltan por completo, prodúcese unha cegueira total á cor azul chamada tritanopía.

A diferenza da tritanopía, cuxo mecanismo é a redución, na «tritanomalía» o mecanismo é a alteración. Dunha mestura de amarelo e azul, para lograr visualizar o azul deben engadir un exceso de azul. Tamén se denomina acianopsia ou dicromacia azul.

  1. César Urtúbia Vicario (1996). "Visión defectiva del color". Neurobiología de la Visión. Barcelona, Universidade Politécnica de Cataluña. ISBN 84-8301-356-8. Consultado o 29 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]