Tripofobia
A tripofobia[Cómpre referencia] (do grego antigo: τρύπα, trýpa, "burato" e φόβος, phóbos, “medo”[1]) é unha fobia proposta ós padróns irregulares ou conxuntos de pequenos buratos ou vultos.[2][3] O termo ten a súa orixe máis probable nunha mensaxe de 2005 dun foro de Internet.[1]
O termo Tripofobia non está recollido como diagnose no Diagnostic and Statistical Manual (5ª ed) (DSM-5) da American Psychological Association e úsase en moi poucas ocasións na literatura científica, segundo Jennifer Abbasi de Popular Science.[1][4]
Arnold Wilkins e Geoff Cole da Universidade de Essex foron os primeiros científicos en publicar sobre este fenómeno. Segundo eles a reacción está baseada nunha revulsión biolóxica, no lugar de ser un medo cultural adquirido. Nun artigo de 2013 da revista Psychological Science, Wilkins e Cole escribiron que a reacción baséase nunha resposta do cerebro que asocia as formas co perigo.[4][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Abbasi, Jennifer (25 de xullo de 2011). "Is Trypophobia a Real Phobia?". Popular Science. Consultado o 2 de outubro de 2012.
- ↑ Le, An T. D.; Cole, Geoff G.; Wilkins, Arnold J. (30 de xaneiro de 2015). "Assessment of trypophobia and an analysis of its visual precipitation". Quarterly Journal of Experimental Psychology 68 (11): 2304–22. PMID 25635930. doi:10.1080/17470218.2015.1013970.
- ↑ Welsh, Jennifer (7 de agosto de 2015). "Science explains why this image disgusts some people". Tech Insider. Consultado o 10 de abril de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Thomas, Gregory (1 de outubro de 2012). "Phobia about holes is not officially recognized, but U.K. scientists look into it". The Washington Post. Consultado o 2 de outubro de 2012.
- ↑ Cole, Geoff G.; Wilkins, Arnold J. (2013). "Fear of Holes". Psychological Science 24 (10): 1–6. PMID 23982244. doi:10.1177/0956797613484937.
- ↑ Elliot, Danielle (5 de setembro de 2013). "Understanding trypophobia: Why some people fear holes". CBS News. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ Eveleth, Rose (5 de setembro de 2013). "Trypophobia Is a Fear of Holes". Smithsonian. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |