Saltar ao contido

Trebbiano d'Abruzzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trebbiano d'Abruzzo

O Trebbiano d'Abruzzo é un viño DOC cuxa produción está permitida nas provincias italianas de Chieti, L'Aquila, Pescara e Teramo.

Características organolépticas

[editar | editar a fonte]
  • Cor: amarelenta
  • Cheiro: viñoso, agradable, suavemente fragante
  • Sabor: seco, sápido, harmonioso

Vinculacións gastronómicas

[editar | editar a fonte]

Aconséllase usar este viño como acompañamento de: peixe, fideos á chitarra en branco, pasta en branco, risotti en branco, pavo e carnes brancas en xénero.