Saltar ao contido

Traducións da Biblia ao feroés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As primeiras traducións de Biblia ao feroés foron relativamente recentes, en parte porque a ortografía moderna da lingua feroesa xurdiu na segunda metade do século XIX.

A primeira tradución

[editar | editar a fonte]

En 1823, a primeira tradución da Biblia ao feroés foi o Evanxeo de Mateu traducido por J. H. Schrøter usando o alfabeto fonético. A Sociedade Bíblica Dinamarquesa imprimiu mil douscentos exemplares deste libro e distribuíronos entre os cinco mil feroeses que habitaban as illas daquela.[1]

Traducións posteriores

[editar | editar a fonte]

En 1843, V. U. Hammershaimb propuxo unha ortografía moderna para o feroés. Tamén fixo traducións de partes da Biblia, que utilizaba na súa igrexa. En 1892, Fríðrikur Petersen publicou o Nosopai en feroés na revista da igrexa.

Victor Danielsen dos Irmáns de Plymouth foi a primeira persoa que completou a tradución da Biblia ao feroés. Facendo referencia a varias traducións dispoñibles en Europa, publicou o Novo Testamento en 1937, e o Antigo Testamento en 1949.[2]

En 1961, a Igrexa das Illas Feroe publicou a tradución da Biblia traducida dende os textos orixinais en hebreo e grego. Baseouse na tradución do Novo Testamento de Jákup Dahl (rematada en 1923) e na tradución do Antigo Testamento de Kristian Osvald Viderø (rematada en 1961). Dise que as súas traducións son, respectivamente, bonitas e fieis ao orixinal, e de alto nivel poético.

Tradución Xoán 3:16
Fonte descoñecida[3] Tí so elskaði Gud verðina, at hann gav son sín, hin einborna, fyri at hvør tann, sum trýr á hann, ikki skal fortapast, men hava ævigt liv.
  1. "The Faroese Bible Society – an overview (The Faroese Bible Society)". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2023. Consultado o 30 de outubro de 2023. 
  2. Faroese Bible
  3. Faroese EveryTong.com)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]