Torre de Guimarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torre de Guimarei
elemento da Lista Vermella do Patrimonio

Torre de Guimarei.
Coordenadas42°40′59″N 8°28′34″O / 42.683181, -8.476108Coordenadas: 42°40′59″N 8°28′34″O / 42.683181, -8.476108
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

A Torre de Guimarei é unha torre do século XII, situada en Guimarei (A Estrada). Ten dez metros de altura. O seu primeiro propietario foi Vilar de Payo Muñiz. Foi utilizada nas guerras irmandiñas, e no século XVII foille engadido un pazo anexo, actualmente en ruínas. Pertenceu tamén a Antonio de Mosquera Nóvoa.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

É un conxunto arquitectónico de torre e pazo. A torre é de planta cadrada baixa, de dez metros de altura. Está feita con perpiaños de granito e asentada nun saínte de cinco metros de alto. Orixinalmente tiña ameas e teitos abovedados. Na parte superior de cada ángulo hai un canón a modo de gárgola. A porta, dun metro e medio está situada no lado leste e o seu arco, de medio punto, está formado por grandes doelas. Nos lados leste e sur hai unhas pequenas ventás na parte superior. Na parte superior da porta principal aparece o escudo da familia Villar. O recinto está amurallado e a entrada ten un arco oxival. Era unha vivenda con carácter defensivo.

Este pazo está composto por unha soa planta que se divide en tres corpos, un grande no centro e dúas ás situadas nos extremos. O pazo alcanza os trinta e catro metros de lonxitude e vinte e seis de ancho (dez metros do corpo central e dezaseis metros das dúas ás).

No interior da construción pódese distinguir as cociñas, os servizos e os cuartos. Por outra parte podemos atopar unha parte dedicada ao gando e algunhas pequenas construcións como o palleiro.

O escudo de armas do pazo está situado encima da porta principal, enmarcado cun lintel semicircular. Este símbolo contén o nome de Villar dúas veces e elementos de catro familias nobres, a familia Villar (representada por tres bandas), a familia Sarmiento (tres roeis), e a familia dos Mosquera (cinco cabezas de lobo) e a familia Aranda (unha cabeza de león).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]