Tonofibrila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desmosoma no que se ven filamentos de queratina, que son tonofibrilas.

As tonofibrilas son estruturas proteicas citoplasmáticas que se encontran nos tecidos epiteliais,[1] que converxen nos desmosomas e hemidesmosomas. As tonofibrilas están formadas por tonofilamentos[2], os cales son un tipo de filamento intermedio do citoesqueleto.[3]

A proteína filagrina crese que ten un importante papel para manter xuntas as tonofibrilas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Free dictionary Tonofibril
  2. The Free Dictionary Tonofilament
  3. Yoon KH, Yoon M, Moir RD, Khuon S, Flitney FW, Goldman RD (April 2001). "Insights into the dynamic properties of keratin intermediate filaments in living epithelial cells". J. Cell Biol. 153 (3): 503–16. PMC 2190576. PMID 11331302. doi:10.1083/jcb.153.3.503. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]