Tomás Galdo López
Biografía | |
---|---|
Morte | 16 de novembro de 1972 Viveiro, España |
Alcalde de Viveiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Benigno Fausto Galdo Fernández |
Tomás Galdo López, finado en Viveiro o 16 de novembro de 1972, foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante e contratista en Viveiro. Foi presidente da sociedade Obreros de Vivero. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Viveiro en 1924 pola representación corporativa de Obreros de Vivero.[1] Na República foi elixido tesoureiro do comité do Bloque Nacional de Viveiro en decembro de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Viveiro en 1938. Finou en Viveiro o 16 de novembro de 1972.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Amalia Fernández Candia e foi pai de Amalia, Encarna, Dolores, Tomás, Pilar, Mari-Fina, Francisca, Francisco José e Fausto Galdo Fernández.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Ramón Palmeiro Maseda |
Alcalde de Viveiro 1938 - 1939 |
Sucesor: Francisco Aparicio García |