Tiraleite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tiraleite manual

O tiraleite é un aparello manual ou eléctrico para extraer o leite materno. O eléctrico foi inventado e patentado o 4 de outubro de 1927 por Edward Lasker [1].

Proceso e características[editar | editar a fonte]

Hai veces en que é conveniente extraer o leite sen que o bebé o consuma, ben manualmente, ou por medios mecánicos. A extracción é adecuada cando se ten unha sensación de ter exceso de leite, ou a nai non pode estar presente sempre durante a lactación, e aínda así quere seguir coa lactación materna. É importante sinalar que na maioría dos casos as bombas de lactación non son tan eficaces na eliminación do leite da mama como o faría o bebé.

Nalgúns casos, o leite dóase para as nais que non producen suficiente leite para os seus bebes. O leite pódese conxelar a -20 °C e conservar por un período de ata 6 meses. O leite desconxelado non se debe volver conxelar de novo.

A temperatura ambiente (19-22 °C), o leite materno pódese conservar unhas 10 horas. E en neveira de 2 a 4 días.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]