Theaetetus (cráter lunar)
Teeteto ou Theaetetus é un cráter de impacto lunar localizado ao sueste do cráter Cassini, cerca do límite oriental do Mare Imbrium.[1]
Sitúase ao oeste dos Montes Caucasus, que forman a ribeira do mare. Ao suroeste encóntrase o prominente cráter Aristillus. O epónimo recorda a Teeteto, matemático da Antiga Grecia e interlocutor de Sócrates nos diálogos de Platón Teeteto e Sofista.[2]
O bordo de Theaetetus ten unha característica forma poligonal arredonda nos vértices. Hai un terraplén baixo cun pequeno ascenso no leito do cráter, ao nordeste do punto medio. O interior non ten ningunha característica salientábel.[3]
Observáronse no pasado algúns fenómenos lunares transitorios no cráter. En 1902 observouse a formación dunha pequena e breve nube branca nas inmediacións do cráter. Outros observadores, entre os que están Patrick Moore e W. H. Pickering sinalaron a aparición doutros fenómenos no cráter.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blue, Jennifer (2007). "Gazetteer of Planetary Nomenclature". United States Geological Survey (USGS). Consultado o 26/12/2012..
- ↑ Cocks, Elijah E. e Cocks, Josiah C. (1995). Who's Who on the Moon: A Biographical Dictionary of Lunar Nomenclature. Tudor Publishers. ISBN 0-936389-27-3.
- ↑ Andersson, L. E. e Whitaker, E. A., (1982). NASA Catalogue of Lunar Nomenclature. NASA RP-1097.
- ↑ Webb, Rev. T. W. (1962). Celestial Objects for Common Telescopes (6th ed.). Dover. ISBN 0-486-20917-2.