Saltar ao contido

The Shannara Chronicles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Shannara Chronicles
 Título
The Shannara Chronicles Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Lingua
 Composto por
Autoría
 Creador/a
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
Shannara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Inspirado na obra de
Publicación
 País de orixe
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
 Formato de distribución
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
5 de xaneiro de 2016 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
22 de novembro de 2017 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
42 minutos Editar o valor en Wikidata
 Número de episodios
20 Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt1051220 Allocine: 17130 Rottentomatoes: tv/the_shannara_chronicles Metacritic: tv/the-shannara-chronicles TV.com: shows/the-shannara-chronicles
Facebook: theshannarachronicles Twitter: shannara Instagram: theshannarachronicles Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Shannara Chronicles ou As crónicas de Shannara é unha serie de ciencia ficción e fantasía estadounidense que foi estreada o 5 de xaneiro de 2016 na cadea MTV. A serie está baseada na serie de libros co mesmo nome "Shannara" de Terry Brooks.[1]

A serie está desenvolvida por Alfred Gough e Miles Millar, e segue as aventuras, guerras e o mal que ocorre ao largo da historia das Catro Terras.

Unha árbore élfica coñecida como "Ellcrys" está morrendo; a mala nova é que a árbore é a única peza de maxia que protexe as Catro Terras ("Four Lands" no inglés orixinal) dos demos, que foron encerrados milenios atrás. A princesa Amberle Elessedil é unha das Elixidas encargadas de coidar a Ellcrys, e é a única que pode salvar a árbore, pero para iso ten que desbloquear a maxia que os elfos non utilizaron en milleiros de anos. Coa axuda de Wil Ohmsford, semielfo e descendente da liñaxe Shannara, e Allanon, o último dos druídas, viaxarán para intentar encontrar a maxia perdida e restaurar a Ellcrys. Porén, a tarefa non vai ser doada, xa que os demos e o seu líder, Dagda Mor, antigo druída élfico corrompido pola maxia escura, farán todo o posible para evitalo e poder volver a ser libres para arrasar o mundo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Principais

[editar | editar a fonte]
Actor Personaxe Ocupación Nº de episodios Tempadas
Poppy Drayton Amberle Elessedil - 10 2016 - presente[2]
Aaron Jakubenko Ander Elessedil - 10 2016 - presente
John Rhys-Davies Eventine Elessedil - 10 2016 - presente
Daniel MacPherson Arion Elessedil - 8 2016 - presente
Austin Butler Wil Ohmsford - 10 2016 - presente
Manu Bennett Allanon - 10 2016 - presente
Ivana Baquero Eretria - 10 2016 - presente[3]
Marcus Vanco Bandon - 10 2016 - presente
Brooke Williams Catania - 10 2016 - presente[4]
Emilia Burns Comandante Tilton - 10 2016 - presente

Recorrentes

[editar | editar a fonte]
Actor Personaxe Ocupación Nº de episodios Tempadas
James Trevena-Brown Crispin Edensong - 3 2016 - presente

Episodios

[editar | editar a fonte]

A primeira tempada está conformada por 10 episodios.

Produción

[editar | editar a fonte]

Sonar Entertainment adquiriu os dereitos de televisión para o universo de "Shannara" no 2012. En decembro do 2013 anunciouse que unha serie baseada no segundo libro publicado titulada The Elfstones of Shannara, estaba sendo producida por MTV.

A rodaxe dos 10 episodios da primeira tempada da serie comezou en Nova Zelandia en xuño de 2015 e o primeiro trailer debutou o 10 de xullo de 2015. A serie é desenvolvida por Alfred Gough e Miles Millar, e está baseada na serie de novelas "Shannara".

A serie conta coa participación dos directores Brad Turner, Jonathan Liebesman, James Marshall e Jesse Warn.[5]

Tamén conta co apoio dos escritores Terry Brooks, Alfred Gough, Miles Millar, Evan Endicott, Josh Stoddard e April Blair.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]