The Prophet's Song
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
"The Prophet's Song" é unha canción da banda británica de rock Queen, a oitava do seu cuarto álbum de estudio, titulado A Night at the Opera. A canción foi escrita por Brian May e é unha das máis complexas e longas en toda a carreira da banda.
Historia
[editar | editar a fonte]"The Prophet's Song", escrita por Brian May a mediados de 1974, foi inspirada nun soño do guitarrista, no cal a Terra era destruída. Nesta época, o instrumentista estaba hospitalizado, por problemas de hepatite que case o levan á morte. Segundo o músico, o soño tamén o fixo reflectir acerca do futuro da sociedade humana e os seus problemas de relación, que envolve a interacción social e a empatia.
Para producir a canción, o músico utilizou practicamente todos os recursos usados en "Bohemian Rhapsody", composición do mesmo álbum. Con varias voces, riffs intricados e tamén voces a capella interpretadas por Freddie Mercury, que definiu a peza como "ultraxante e xigantesca". Outra característica de "The Prophet's Song" son seus versos apocalípticos.
Ficha técnica
[editar | editar a fonte]- Freddie Mercury: voces.
- Brian May: guitarra, koto, composición e voces de apoio.
- John Deacon: baixo.
- Roger Taylor: batería e voces de apoio.