The Futureheads é o álbum de estrea da banda inglesa de post-punk revivalThe Futureheads, editado o 12 de xullo do 2004. Do disco sacáronse os sinxelos "First Day", "Decent Days and Nights", "Meantime" e "Hounds of Love" (unha versión de Kate Bush). The Futureheads tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi re-lanzado nunha edición especial no ano 2005, contando cun DVD, traendo unha portada lixeiramente cambiada, en rosa en vez do gris da orixinal.
"Decent Days and Nights" e "Hounds of Love" puxéronse á disposición do xogo Rock Band o 9 de marzo de 2010. "Decent Days and Nights" tamén aparece na banda sonora do videoxogo Burnout 3 e usouse nun capítulo da serie de televisión The O.C. e na película Grandma's Boy.