The Cosmonaut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Cosmonauta
Título orixinal The Cosmonaut
El Cosmonauta Teaser Poster.jpg
Cartel da película
Ficha técnica
Director Nicolás Alcalá
Produtor Carola Rodríguez
Bruno Teixidor
Riot Cinema Collective (Madrid)
Guión
Baseado en
Intérpretes Katrine De Candole (Yulia)
Leon Ockenden (Stas)
Max Wrottesley (Andrei)
Música Joan Valent
Remate
Fotografía Luis Enrique Carrión
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2013
Duración 80 minutos
País España España
Xénero Ciencia Ficción
Orzamento 860.000 euros
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

The Cosmonaut é unha película española de ciencia ficción. Está feita e distribuída baixo Creative Commons, e foi financiada por máis de cinco mil persoas.

A película foi estreada o 18 de maio de 2013 en multiplataforma: cine, tv, internet, DVD e distribución en aberto. A película foi rodada en Letonia, Rusia e España.

O proxecto comezou en 2008 cunha curtametraxe chamada A Viaxe do Cosmonauta. Dende entón o proxecto foi virando e concretándose ata unha película con miles de produtores e un proxecto aberto a CC.

Argumento[editar | editar a fonte]

En 1967 dous mozos amigos, Stas e Andrei, chegan á Cidade das Estrelas, unha nova construción cerca de Moscova onde preparan os cosmonautas adestrados para ir ao espazo. O obxectivo: superar os estadounidenses na carreira espacial enviando a un home á Lúa. Alí coñecen a Yulia, unha técnico de comunicacións coa que fai amizade e un posible amor que non chega a concretarse.

No seu regreso á Terra atópase cun planeta desfeito por unha catástrofe descoñecida. Mais na base no planeta Terra pensan que se perdeu na viaxe de volta, e alí só chegan mensaxes del dicindo que a Terra está destruída.

Protagonistas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]