The City Watch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Ankh-Morpork City Watch é un corpo de policía ficticio dentro da saga de libros Discworld, escritos por Terry Pratchett. Esta aloxada na Cidade-Estado de Ankh-Morpork no Discworld. Aínda que nun principio o autor quisolle dar un papel menor nas novelas ó final tiveron a súa propia saga (actualmente hai sete novelas nas que son protagonistas).

Libros[editar | editar a fonte]

Membros[editar | editar a fonte]

Os membros principais son:

  • Comandante Sir Samuel Vimes: é o Comandante, e usa todos os trucos que aprendeu como "poli" no seu novo posto. Pasou de ser un policía derrotado, afogado na bebida, a manexar unha forza policial importante. É honesto, incorruptible, e loita constantemente contra unha escuridade interior a cal teme. Está casado coa muller máis rica de Ank-Morphok, Sybil Ramkin, e ten un fillo pequeno chamado Sam.
  • Capitán Carrot Ironfoundersson: é descrito como unha persoa alta, de pelo rubio e forte como un carballo, grazas ós anos de traballo nas minas ananas dos seus pais. Segundo se di en Guards! Guards!, o seu nome non é só pola cor do seu cabelo senón tamén pola forma do seu corpo que é a dun triángulo invertido (dende uns ombros anchos ata uns nocellos delgados).
  • Sarxento Angua von Überwald: é unha muller-lobo orixinaria de Überwald e foi a primeira muller en unirse a City Watch.
  • Sarxento Detritus
  • Sarxento Fred Colon
  • Cabo Nobby Nobbs: é descrito como desaliñado, que cheira mal, e a pesar de ser humano, da mesma altura dun anano. Carga cun certificado emitido polo Patricio no cal se indica que el pertence á raza humana. O texto pódese ver en Feet of Clay e di o seguinte:
Eu, despois de escoitar a evidencia de varios expertos, incluíndo a Sra. Slipdry a parteira, certifico que o portador deste documento, C. W. St. John Nobbs, é un ser humano.
Firmado, Lord Vetinari.
  • Sarxento Cheery Littlebottom: unha anana , antiga membro d Gremio de Alquimistas de Ankh-Morphok e agora forense residente da City Watch.
  • Axente Reginald Shoe
  • Axente Dorfl: o primeiro Golem libre (despois dos feitos acontecidos en de Feet of Clay).
  • Axente Visit-the-Infidel-with-Explanatory-Pamphlets: é un Omniano, cun interese patolóxico nas relixións evanxélicas, e gasta toda a súa paga en panfletos; tendo incluso imprenta propia. Estes panfletos entregasen a calquera interesado (e ós que non están interesados tamén). Nin sequera Detritus pode dispersar unha multitude máis rapidamente que Visit(di Vimes). Antes de pertencer a City Watch podíase ver colocando trampas na rúa co seu colega omniano, Smite-the-Unbeliever-with-Cunning-Arguments. Polo que se sabe, non converteu nin a unha soa persoa. Vimes pensa que Visit é, probablemente, un bo home no fondo, pero nunca se puso na tarefa de averigualo.
  • Axente interino A.E. Pessimal: foi o primeiro inspector gobernamental asignado (en Thud!) por Lord Vetinari para inspeccionar a Watch e ver se usaba apropiadamente os fondos cívicos asignados (¿Quis custodiet ipsos custodes?, ou ¿Quen vixía ós vixilantes?). É descrito como un home baixo, con zapatos brillantes sen amigos nin sentido do humor. Non ten un nome (só iniciais), e comeza facendo preguntas difíciles de contestar, como "¿Por que C.W.St.J. 'Nobby' Nobbs está na City Watch? ¿Contrata regularmente a ladróns de pouca monta?"
  • Axente Igor: é un Igor que é considerado "demasiado moderno" pola súa familia en Überwald, e foi enviado xunto con Vimes a Ankh-Morpork, despois dos feitos de The Fifth Elephant. Interesase en experimentos xenéticos (que neste mundo, significa puntadas realmente pequeniñas).

Ten un impedimento na fala (para os estándares dun Igor) e, ás veces, esquece sesear. Vimes empregouno polas súas habilidades de cirurxián, que superan amplamente á da maioría dos médicos da cidade (xa que os seus pacientes sobreviven, e no usa brea quente nin samesugas para curalos).

  • Axente Downspout: é unha gárgola e un experto na vixilancia, xa que el "É o campión mundial de non moverse", por que pode permanecer no mesmo lugar quedo durante días. Non usa cartos, así que recibe a súa paga en pombas (as que come).
  • Cabo Buggy Swires

Rangos[editar | editar a fonte]

  • Axente Interino (rango usado durante o adestramento)
  • Axente Titular (rango temporal asignado polo Cabo Carrot ós Axentes Interinos Cuddy e Detritus nos feitos sucedidos en Men at Arms)
  • Axente
  • Cabo Interino (unha barra chevrón)
  • Cabo (dúas barras chevrón)
  • Sarxento (tres barras chevrón)
  • Sarxento en Armas (Corona encima das tres barras chevrón, non usado actualmente)
  • Tenente (Mencionado no libro Night Watch, non usado actualmente)
  • Capitán
  • Comandante (tradicionalmente vén co título de Cabalería Sir)