The Band
The Band | |
---|---|
Orixe | Toronto, Canadá |
Período | 1964 - 1977 1983 - 1999 |
Xénero(s) | roots rock, Americana, folk rock, country rock, swamp rock |
Selo(s) discográfico(s) | Capitol, Rhino, Warner Bros. |
Membros | Rick Danko Levon Helm Garth Hudson Richard Manuel Robbie Robertson Jim Weider Stan Szelest Randy Ciarlante Richard Bell |
Na rede | |
The Band foi unha banda canadense-estadounidense de roots rock que orixinalmente estaba formado por Rick Danko (baixo, contrabaixo, fiddle, trombón e voces), Levon Helm (batería, mandolina, guitarra e voces), Garth Hudson (teclados, saxofón e trompeta), Richard Manuel (piano, batería, saxofón barítono e voces) e Robbie Robertson (guitarra e voces). Os membros de The Band fóronse xuntando un a un ao irse unindo á banda de acompañamento do cantante de rockabilly Ronnie Hawkins, chamada The Hawks.
En 1964 separáronse de Hawkins e despois diso xiraron e publicaron un feixe de sinxelos como Levon and the Hawks e The Canadian Squires. Ao ano seguinte, Bob Dylan contratounos para a súa xira estadounidense de 1965 e a xira mundial de 1966. Tras rematar de xirar, a banda trasladouse con Dylan a Saugerties, Nova York, onde realizaron as gravacións informais que se converterían en The Basement Tapes, que forxou as bases para o seu álbum de estrea Music from Big Pink, publicado en 1968. Debido a que sempre foran "a banda" de varios frontmen, Helm dixo que o nome "The Band" funciounou ben cando tiveron grupo propio. A banda comezou a actuar oficialmente como The Band en 1968, e publicaría un total de dez álbums de estudio. Dylan continuou colaborando con The Band durante toda a súa carreira, incluída unha xira conxunta en 1974.
A configuración orixinal de The Band rematou de xirar en 1976 cunha elaborada actuación con numerosas celebridades musicais. Este concerto foi inmortalizado no documental de Martin Scorsese de 1978 The Last Waltz. The Band retomaría as xiras en 1983 sen o guitarrista Robbie Robertson, que atopara o éxito como produtor musical en Hollywood. Tras un concerto en 1986, Richard Manuel suicidouse; a pesar disto, os tres membros restantes continuarían xirando e gravando álbums pasando un feixe de músicos para ocupar os postos deixados por Manuel e Robertson antes de que finalmente se establecesen Richard Bell, Randy Ciarlante e Jim Weider. Rick Danko morreu en 1999,e despois diso o grupo separaríase para sempre. A Levon Helm diagnosticáronlle cancro de gorxa en 1998, e tras unha serie de tratamentos puido recuperar o uso da voz. Continuou actuando e editando discos ata que finalmente sucumbiu á enfermidade en 2012.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Music from Big Pink - 1968
- The Band - 1969
- Stage Fright - 1970
- Cahoots - 1971
- Moondog Matinee - 1973
- Northern Lights – Southern Cross - 1975
- Islands - 1977
- Jericho - 1993
- High on the Hog - 1996
- Jubilation - 1998
- Con Bob Dylan
- Planet Waves - 1974
- The Basement Tapes - 1975
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Band |