Tetrápodo (estrutura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tetrápodos almacenados.

Un tetrápodo é unha estrutura formada por catro eixes, a modo de tetraedro estilizado, que, pola súa capacidade de intrincarse con figuras análogas e á súa estabilidade xeométrica, dado que sempre repousa sobre tres pés nun equilibrio moi estábel, é empregado en obras civís (particularmente na construción de rompeondas) e militares (para bloquear o paso de tropas ou de civís, en ocasións reforzado con arame de espiñas).

O rompeondas realizados con tetrápodos caracterízanse por unha gran capacidade para absorber o impacto das ondas, debido a que forman unha estrutura de gran rugosidade e porosidade.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Najib Cherfaoui & Hamadi Doghmi (2010): "Résiliences - Systèmes portuaires du Maroc. De la naissance à 2060". Sciences de l'Ingénieur, Casablanca.