Termodinámica estatística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase termodinámica estatística á parte da termodinámica que desenvolve relacións entre as magnitudes macroscópicas e directamente observábeis con conceptos e magnitudes microscópicas. E para isto, fai uso extensivo da estatística .

A cantidade requirida de informacións para describir (no contexto da mecánica clásica) mesmo un sistema pequeno da orde dun micromol implica o estabelecemento de 6 coordenadas para cada unha das 6\times10^{17} entidades microscópicas (átomos, moléculas, íons...) , o que, por todos os aspectos, torna o estabelecemento dunha teoría determinista de todos os detalles microscópicos do sistema realmente imposíbel de se realizar.

Se polo punto de vista da mecánica clásica, esta tarefa é imposíbel en termos prácticos, cando se vé polo aspecto cuántico , a situación é aínda "peor". Do punto de vista cuántico, o indeterminismo non proven dunha incapacidade práctica, mais de principios. O principio da incerteza estipula unha limitación no proceso de medida de certos pares de propiedades , sendo unha lei natural, incontornábel, polo tanto, mesmo desde o lado puramente teórico.

Grandezas macroscópicas e magnitudes microscópicas[editar | editar a fonte]

Constitúen magnitudes macroscópicas, observábeis de forma directa:

Contitúen magnitudes microscópicas: