Termas romanas de Campo Valdés
As termas romanas de Campo Valdés eran uns baños públicos de época romana situados no actual Campo Valdés, no barrio de Cimavilla (Xixón). As ruínas conservadas poden visitarse e forman parte do Xacemento arqueolóxico de Cimavilla xunto con outros restos da mesma época como a Muralla romana de Xixón.
Historia
[editar | editar a fonte]O edificio comezou a edificarse no século I e estaba dividido en diferentes ambientes: unha zona fría, unha morna e outra quente, con auga temperada mediante un sistema de calefacción subterráneo. As paredes dalgunhas das estancias estaban decoradas con frescos. No século II levouse a cabo unha reforma e ampliación.
Foron descubertas en 1903 nunhas obras da rede de sumidoiros. Calixto Alvargonzález e Julio Somoza encargáronse das primeiras labores de escavación e documentación, elaborando cos resultados un informe arquivado polo Concello.
Tras o incendio da igrexa de San Pedro en 1936, levouse a cabo a súa reconstrución no lugar da localización orixinal, situada en parte sobre as termas. En 1990, iniciáronse escavacións para sacar á luz parte das ruínas, e en 1995 inaugurouse o museo actual.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Termas romanas de Campo Valdés |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA. (1995). Astures. Pueblos y culturas en la frontera del Imperio Romano. Gran Enciclopedia Asturiana.