Teramo Calcio
Teramo Calcio | |||
---|---|---|---|
Nome | Società Sportiva Teramo Calcio | ||
Alcume(s) | Il diavolo (O demo) Biancorossi (Branco-vermellos) | ||
Fundación | 15 de xullo de 1913 (111 anos) | ||
Estadio | Stadio Gaetano Bonolis, Téramo, Italia | ||
Inauguración | 1929 | ||
Capacidade | 7.498 | ||
Presidente | Luciano Campitelli | ||
Adestrador | Roberto Cappellacci | ||
Liga | Lega Pro Seconda Divisione/B | ||
2012–13 | 6º | ||
Vestimenta | Legea | ||
Patrocinador | Link Energy | ||
Na rede | |||
http://www.teramocalcio.net | |||
| |||
A Società Sportiva Teramo Calcio é un club de fútbol italiano da cidade de Téramo (nos Abruzos). Foi fundado en 1913 (e refundado en 2008) e actualmente compite na Lega Pro Seconda Divisione, tras ascender na tempada 2011–12.
As cores do equipo son vermello e branco.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras varias tempadas na Serie C1, o equipo tivo dificultades no 2006–07, rematando en 15 lugar e forzado a xogar unha eliminatoria de promoción. O equipo perdeu (4–2) co AC Ancona, que ocupou a súa 15ª posición, polo que o Teramo Calcio foi descendido á Serie C2.
Na tempada 2007–08, o equipo finalizou 8º na Serie C2/B, pero foi forzado a declararse en quebra ao final da tempada. O equipo foi refundado para a tempada 2008–09, e foi inscrito na Promozione - Abruzzo - Girone A, o sétimo nivel do fútbol italiano, substituíndo o clásico nome de Teramo Calcio por Società Sportiva Dilettantistica Real Teramo. Nesta tempada o equipo resultou campión, ascendendo a Eccellenza Abruzzese. Na campaña 2009–10 resultou campión da categoría, ascendendo a Serie D, división no que quedou segundo clasificado na tempada 2010–11, quedando citado para o playoff de ascenso. Tras pasar a primeira eliminatoria contra o Jesina Calcio (1–0), caeu na final ante o AC Rimini 1912 (1–3).
Na tempada 2011–12 resultou campión da Serie D, logrando o ascenso a Lega Pro Seconda Divisione.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 17 de setembro de 2010.
|
|
Xogadores famosos
[editar | editar a fonte]- Saidu Alade Adeshina
- Daniel Baldi
- Renato Rafael Bondi
- Moris Carrozzieri
- Adewale Dauda Wahab
- Luca Ferri
- Fabio Grosso
- Matteo Momentè
- Florian Myrtaj
- Daniel Ola
- Simone Pepe
- Federico Turienzo
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Website oficial Arquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Páxina non oficial