Teoría atómica de Dalton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A teoría atómica de Dalton é un modelo de comportamentl para a materia de nivel microscópico.

A partir da análise da lei das proporcións definidas, John Dalton estableceu este modelo de comportamento para a materia de nivel microscopio, que se viu reforzado polos resultados dos experimentos que deron lugar á lei das proporcións múltiples establecida polo propio Dalton.

Principais proposicións[editar | editar a fonte]

As principais proposicións que conforman a teoría atómica de Dalton son:

  1. Os elementos están formados por unhas partículas "invisibles" e indivisibles chamadas átomos.
  2. Os átomos do mesmo elemento son todos iguais.
  3. Os átomos de diferentes elementos son distintos entre si.
  4. Os átomos de dous ou máis elementos combínanse entre si para dar un composto de maneira específica e en relación de números enteiros e sinxelos.

Estas catro proposicións permiten a resolución de xeito correcto de moitos problemas que se dan na química rutineira de laboratorio, a pesar de que, destas catro proposicións, a única totalmente certa é a terceira.

Outras hipóteses[editar | editar a fonte]

As catro proposicións anteriormente mencionadas non son as únicas. Dalton realizou máis hipóteses, de carácter redical e esencialmente falsas, xa que se amosaron incompatibles con experimentos sinxelos.

Unha destas hipóteses establecía que os elementos eran monoatómicos, é dicir, que Dalton non contemplaba a posibilidade de que dous ou máis átomos do mesmo elemento, e polo tanto iguais, se unisen quimicamente entre si para dar o que el chamaba un átomo complexo (actualmente denominado molécula). Tal hipótese manifestouse insostible tras analizar os traballos de Gay-Lussac e Avogadro sobre os volumes de combinación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]