Saltar ao contido

Teofilacto, Exarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Teofilacto foi un exarca de Rávena entre os anos 702 e 709.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Teofilacto foi nomeado exarca en 702, sucedendo a Xoán II Platino. Pouco despois da súa ascensión, chegou a Roma, onde Xoán VI fora nomeado Papa. Non se coñecen as súas razóns para ir á cidade, pero a súa presenza incomodou aos romanos. Os soldados locais ameazaron a Teofilacto, pero Xoán conseguiu dominalos; con todo, varios favoritos do exarca foron atacados.

En 709 o emperador bizantino Xustiniano II mandou unha expedición baixo o mando do patricio Teodoro contra a cidade de Rávena, posibelmente en vinganza pola participación da poboación da cidade na rebelión de 695. Teodoro, ao chegar a Rávena, invitou a todos os cidadáns importantes da cidade a que asistisen a un banquete. Cando chegaron, capturáronos e leváronos á forza aos barcos. Rávena foi saqueada, mentres levaban a Constantinopla aos oficiais capturados. Alí, Xustiniano condenounos a morte; só foi perdoado o arcebispo Félix, aínda que foi cegado. Teofilacto non foi aparentemente vítima da catástrofe, pero tivo pouco control sobre a situación, e o exarcado resultou severamente debilitado.

Teofilacto foi sucedido por Xoán III Rizocopo en 709.

Exarcado de Rávena

Segue a:
Xoán II Platino
Teofilacto, Exarca
Precede a:
Xoán III Rizocopo