Tempsat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tempsat 2»)

Tempsat foi o nome de dous satélites artificiais do Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Tempsat consistían en esferas pintadas de negro para o estudo do control térmico de satélites usando esta clase de pintura. Tempsat 1 foi lanzado mediante un Thor Ablestar o 13 de agosto de 1965, mentres que Tempsat 2 foi lanzado cun Thor Agena D o 30 de setembro de 1969, ambos desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Tempsat" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Tempsat 1, 2" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]