Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura
O Telescopio esférico de cincocentos metros de apertura (en inglés Five-hundred-meter Aperture Spherical radio Telescope ou FAST; en chinés: 五百米口径球面射电望远镜) ou Tianyan (en chinés: 天眼) é un radiotelescopio que comezou a funcionar en xaneiro de 2020 nunha conca natural de Da Wo Dang (en chinés: 五百米口径球面射电望远镜 大窝凼洼地), no Condado de Pingtang, provincia Guizhou, no suroeste da China.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Planificado no 2001, a construción do proxecto FAST comezou en 2011 e en probas dende setembro de 2016. Con 500 m de diámetro é o segundo radiotelescopio máis grande do mundo despois do ruso RATAN-600, o cal ten unha apertura de baixa densidade de enchido.[2][3] Por esa característica, o FAST considérase o máis grande do mundo, superior ó de Arecibo, que deixou de funcionar en 2020.[4] Custou 700 millóns de iuans[5] (arrededor de 110 millóns de dólares). Asegúrase que pode escanear dobre cantidade de ceo que o de Arecibo, multiplicando por catro a súa sensibilidade. Consta de 4450 paneis.
Para evitar interferencias foron desaloxadas unhas 10 000 persoas dos seus arredores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ XINHUANET.com, ed. (22 de febreiro de 2016). "中国“天眼”能不能发现外星人?".
- ↑ New Scientist, ed. (8 de xuño de 2011). "China starts building world’s biggest radio telescope". Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ Nan, Rendong. "Project FAST — Five hundred meter" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ Rus, Cristian (2020-06-02). "China en busca de vida extraterrestre: el gigantesco telescopio FAST buscará señales a partir de septiembre". Xataka (en castelán). Consultado o 2020-11-22.
- ↑ Darren Quick (16 de xuño de 2011). gizmag, ed. "China building world's biggest radio telescope". Consultado o 13 de agosto de 2012.