Ted Moses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ted Moses
Nacemento1950
Lugar de nacementoEastmain
NacionalidadeCanadá
OcupaciónXefe tribal
PremiosOfficer of the National Order of Quebec
editar datos en Wikidata ]

Ted Moses, nado en 1950 en Eastmain, en Nord-du-Québec, foi o Gran Xefe do Gran Consello dos Crees de 1984 a 1987 e de 1999 a 2005. En 2001, co primeiro ministro do Quebec, Bernard Landry, asinou a coñecida como Paz dos Bravos, un acordo histórico que puña fin a cincuenta anos de disputas, negociado "de nación en nación", relativo ao desenvolvemento económico, social e comunitario da rexión de James Bay [1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moses estudou primeiro na Universidade Ryerson de Toronto, despois na Universidade McGill, en Montreal, administración educativa. Na década de 1970 foi o negociador principal cree nas negociacións sobre o proxecto da baía de James [2]. Converteuse en Gran Xefe do Gran Consello dos Crees en 1984, e ocupou este cargo ata 1987. Foi xefe da nación cree de Eastmain de 1987 a 1990 [3]. En 1989 foi relator do Seminario das Nacións Unidas sobre os efectos do racismo e mais a discriminación racial nas relacións sociais e económicas entre os pobos autóctonos e os Estados, a primeira persoa dun pobo autóctono en ocupar este cargo [3] .

En 1995 o Gran Consello dos Crees nomeouno negociador co goberno federal canadense [3]. Entre 1999 e 2005 volveu ocupar o cargo de Gran Xefe. Durante este mandato, actuou como principal negociador cree co Goberno do Quebec, que rematou coa sinatura en febreiro de 2002 do Acordo sobre unha nova relación entre o Goberno do Quebec e os Crees do Quebec, máis coñecido como a Paz dos Bravos[4]. Apoiou a candidatura de Bernard Landry, a quen chama "o meu amigo e o meu irmán", para a súa reelección nas eleccións xerais do Quebec de 2003 [5]. En 2014, gañou un millón de dólares cun boleto de Loto-Québec [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bernard Landry 1937-2018. La Paix des braves, une entente historique". La Presse+. 7 de novembro de 2018. 
  2. "Ted Moses (1950-) Homme politique". Bilan du siècle.Site encyclopédique sur l'histoire du Québec depuis 1900. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ted Moses". Ordre National du Québec. 
  4. Palmer, Lisa e Tehan, Maureen (2006). "Shared Citizenship and Self-Government in Canada: A Case Study of James Bay and Nunavik (Northern Quebec)". En Langton, Marcia. Settling with Indigenous People: Modern Treaty and Agreement-making. Federation Press. p. 36. 
  5. "Ted Moses accorde son appui au PQ". Le Devoir. 25 de marzo de 2003. 
  6. "L’ancien grand chef Ted Moses remporte un gros lot de 1 million $". Journal de Montreal. 2 de setembro de 2014.