Teófilo Forero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teófilo Forero
Nacemento1937
Lugar de nacementoNatagaima
Falecemento27 de febreiro de 1989
Lugar de falecementoBogotá
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeColombia
Ocupaciónpolítico e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Teófilo Forero Castro, nado en Natagaima, Tolima en 1937 e finado en Bogotá o 27 de febreiro de 1989, foi un obreiro metalúrxico, dirixente sindical e comunista colombiano, fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC).[1] Foi asasinado en 1989.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Natagaima, Tolima, nunha familia labrega. Tivo tres fillos. Marchou a Bogotá fuxindo da violencia e converteuse en obreiro, posteriormente dirixente do sindicato de Talleres Centrais.

Militante do Partido Comunista Colombiano (PCC) dende a década de 1950, ingresou durante a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, na cal o Partido actuaba na clandestinidade.

En 1964 foi fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC) formando parte do seu primeiro comité confederal.

Contribuíu á fundación da Federación Sindical de Traballadores de Cundinamarca (Festrac), da cal foi o seu presidente.

Foi concelleiro de Bogotá durante varios períodos, posición á que o levou o movemento sindical e popular. Tamén exerceu en varias ocasións como deputado da Asemblea Departamental de Cundinamarca.

Morte[editar | editar a fonte]

Teófilo Forero foi asasinado o 27 de febreiro de 1989 en compaña da súa esposa Leonilde Moura, do dirixente do PCC Antonio Sotelo e do condutor do vehículo no que se desprazaban, José Antonio Toscano.

Trala súa morte foi fundado a Fronte 55 Teófilo Forero do Bloque Oriental das FARC-EP.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El verdadero Teófilo Forero". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  2. Colombia Nunca Más. "Teófilo Forero Castro". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.