Pecarí de barba branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tayassu pecari")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pecarí de barba branca
Tayassu pecari -Brazil-8.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Tayassuidae
Xénero: Tayassu
Especie: T. pecari
Nome binomial
Tayassu pecari
(Link, 1795)
Distribución da especie.

Distribución da especie.

O pecarí de barba branca (Tayassu pecari) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Tayassuidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Caracterízase por ter unha mancha esbrancuxada, a xeito de barba, na base da boca ou arredor dos beizos.[2] Ten unha altura media, na cernella, de 55 cm, e unha lonxitude de 90 a 139 cm. O adulto rolda entre 25 e 40 kg.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É un animal diúrno e vive en inmensas mandas, de 50 a 300 individuos. En certas épocas do ano, nalgunhas zonas, as mandas grandes divídense en grupos máis cativos de acordo coa distribución e abundancia dos alimentos ou a presenza de depredadores.[1][3]

Hai probas de intercambios de individuos entre mandas veciñas e de apareamentos entre macho e femia de diferente manda.[1] A xestación dura arredor de 250 días, despois dos cales nacen unha ou dúas crías.[3]

É omnívoro e, aínda que prefire consumir froitas,[1] tamén se alimenta de raíces, tubérculos, noces, herba e invertebrados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Keuroghlian, A., Desbiez, A., Reyna-Hurtado, R., Altrichter, M., Beck, H., Taber, A. & Fragoso, J.M.V. (2013) Tayassu pecari; The IUCN Red List of Threatened Species, Versión 2014.2. Consultado o 26 de xullo de 2014.
  2. Emmons, Louise H. & Francois Feer (1997) Neotropical Rainforest Mammals, A Field Guide. University of Chicago Press. 0-226-20721-8.
  3. 3,0 3,1 Mayer, J.J.; R. M. Wetzel (1987). "Avaliação do Risco de Extinção do Queixada" (PDF). Mammalian Species. pp. 1–7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2018.