Saltar ao contido

Tamara Valderrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTamara Valderrama
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinadora artística sobre rodas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre rodas Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMónica Valderrama Santomé Editar o valor en Wikidata

Tamara Valderrama Santomé, nada en Vigo en 1979, é unha patinadora sobre rodas e adestradora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a patinar con oito anos. Competiu en cinco mundiais, noutros tantos campionatos europeos, seis Copas de Europa, dúas Copas de Italia, dúas Taças Latinas en Portugal e foi campioa de España absoluta no ano 2000 e podio en tódalas súas participacións. No ano 2006 retirouse do patinaxe individual pero continuou en activo co Grupo Show do Club Valladares, do que tamén é coreógrafa e adestradora da súa escola de promesas, co que gañou o Torneo de Italia da especialidade, e da Asociación Deportiva de Patinaxe Artística de Salvaterra de Miño

É licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo[1] e mais en INEF, e compaxina as súas actividades dando clases de bioloxía.

  1. X. R. Castro (19 de setembro de 2011). "«Considero que abrí mucho camino»". La Voz de Galicia (en castelán).