Saltar ao contido

Tafisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tafisa
Tipoempresa
Data de fundación1958
Data de disolución2014
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Tafisa (Tableros y Fibras, S. A.) foi unha fábrica galega de taboleiros de madeira. Tivo factorías en Pontevedra e Valladolid.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Factoría de Tafisa en Pontevedra.
Factoría de Tafisa en Valladolid, despois fábrica Sonae Arauco.
Tapa de rexistro de Tafisa en Pontevedra.

Fundouse en 1958 froito dun encontro no Centro Escandinavo de Madrid entre o empresario español José Mª Pena Rich e o técnico sueco Folke Pehrzon, que decidiron comezar a producir taboleiros de piñeiro a partir de restos de poda e entresacas dos piñeirais. Iniciouse así unha actividade que se prolongaría durante máis de 40 anos, até que en 2003 se asinou un convenio para reconverter o complexo da fábrica nunha grande área verde de equipamentos públicos de 90 000 m2 e nunha zona residencial, comercial e hoteleira de 21 500 m2.[2] Entre Tafisa e Ramafosa, a súa rama forestal, chegaron a ter 366 trablladores directos, deles uns 288 na fábrica do Lérez.[3]

A empresa, de capital sueco na súa orixe, encargou o deseño da fábrica a un equipo de enxeñeiros e arquitectos locais. Folke Pehrzon encargouse de dirixir a montaxe e posta a punto da maquinaria. A mentalidade sueca non só se reflectíu na parte técnica senón que abarcaba todo o ámbito sociolaboral da empresa. Seus traballadores beneficiábanse dunhas condicións laborais moi avanzadas para a época: seus soldos podían triplicar o habitual en España naqueles anos, chegando a cobrar até 18 pagas ao ano, e dipoñían ademais dun club social e un economato, pistas de tenis e de balonmán, campo de fútbol, piscina e incluso vivendas financiadas pola propia empresa.[2][3]

En pouco tempo Pontevedra viuse encaixada entre dúas fábricas, Tafisa ao norte e Ence ao sur, condicionando o seu desenvolmento urbano pola marxe esquerda do río. Foi precisamente a presión urbanística a que propiciou a venda dos terreos da fábrica a un grupo inmobiliario e o traslado de parte da produción a unha planta no veciño concello de Ponte Caldelas no ano 2004, tras vender os terreos urbanos, previa recualificación, ao Grupo Lar para a construción dunha urbanización.[2][4]

A presión urbanística era moi forte, e tamén a medioambiental, aínda que a fábrica non utilizaba produtos químicos, aínda que os residuos da fibra tapaban o leito do río, pero fixéronse moitas melloras; instalouse unha depuradora e un sistema de reutilización da auga.[3] Finalmente, o grupo portugués Sonae, último propietario da empresa, decidiu o seu peche en 2014, dez anos despois do traslado,[2][4] a pesar de que houbo un momento en que as accións de Tafisa cotizábanse altísimas e logo caeron en picado. Sonae entrara cunha pequena cantidade, o 5 % do capital, e acabou facéndose, cunha opa, con máis do 99 %, que foi cando tomóu as rendas da fábrica.[3]

José Manuel Moledo, delegado da UXT e presidente do comité de Tafisa, informou que Tableros de Fibras S. A. puña fin á súa actividade en Pontevedra, unha década despois de que a planta deixara a cidade do Lérez para trasladarse á Reigosa, Ponte Caldelas. A propia Tafisa informou que, entre os anos 2010 e 2013, viron diminuír de forma continuada os seus ingresos até un 52 %, o que facía inviábel o mantemento da planta. Cifraron as perdas acumuladas en 9,7 millóns de euros.[4]

  1. "Los arquitectos distinguen la fábrica de Tafisa por su valor patrimonial". El Norte de Castilla (en castelán). 5 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 José Chas (2008). "Tafisa. Fábrica de tableros". Consultado o 3 de marzo de 2921. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Larriba, Elena (15 de xulo de 2014). "Trabajar en Tafisa con los suecos era un lujo y dabas la vida por la empresa". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Márquez, B. (17 de maio de 2014). "Tafisa echa el cierre una década después de su traslado y deja en la calle a 60 trabajadores". Faro de Vigo. Consultado o 3 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]