Tafio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tafio, na mitoloxía grega, foi un fillo de Poseidón con Hipótoe, filla de Méstor [1] e de Lisídice.

Poseidón raptou a Hipótoe e levouna ás illas Equínades. Con ela enxendrou a Tafio. Este tivo un fillo afamado, Pterelao [2] a quen Poseidón concedeu a inmortalidade mentres mantivera a súa cabeleira de ouro.

Tafio foi o rei e fundador da cidade de Tafos, na illa do mesmo nome, hoxe Meganisi, cerca de Acarnania.

"A esta [a Hipótoe] raptouna Posidón e, levándoa ás illas Equínades, xaceu con ela e enxendrou a Tafio, que colonizou Tafos e denominou ás súas xentes teléboas, por terse marchado lonxe da súa patria" [3].
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 4, 5)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ó ser este, fillo de Perseo, Hipótoe sería neta deste heroe.
  2. Outra tradición di que Pterelao sería fillo de Poseidón e Hipótoe, e Tafio sería fillo de Pterelao (Grimal, s.v. Pterelao).
  3. Julia García Moreno, tradutora da obra de Pseudo-Apolodoro, engade en nota que este fai derivar o nome deste pobo de telou ébe, veu de lonxe. E que para Estrabón, os tafios chamábanse anteriormente teléboas (2, 20).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]