TacSat 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TacSat 2 / JWS-D1
TacSat 2 antes do lanzamento.
TipoTecnolóxico
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Contratistas principaisMicroSat Systems
Data de lanzamento16 de decembro de 2006[1][2][3]
Foguete portadorMinotaur 1[2][4]
Sitio de lanzamentoInstalacións de lanzamento de Wallops Island[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[2][3][4][5]
Decaemento5 de febreiro de 2011[1]
NSSDC ID2006-058A
Masa370 kg[4][2]
Potencia500 W[4][2]

TacSat 2, nomeado tamén como JWS-D1 (Joint Warfighting Space-Demonstrator 1) foi un satélite de comunicacións da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 16 de decembro de 2006 a bordo dun foguete Minotaur 1 desde as Instalacións de lanzamento de Wallops Island.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

TacSat 2 foi un demostrador tecnolóxico con 370 kg de masa cun bus en forma de octógono irregular estabilizado nos tres eixos e unha precisión no apuntado de 0,15°. Os paneis solares proporcionaban ata 500 W de potencia, alimentando unha batería cunha capacidade de 30 Ah. O satélite levaba os seguintes experimentos a bordo:[1][2][4][5]

  • ESI (Earth Surface Imager), unha cámara de barrido cunha apertura de 50 cm para obter imaxes de alta resolución, por debaixo dun metro.
  • TIE (Target Indicator Experiment), un experimento con 11 antenas para detectar obxectivos baseándose en firmas de radiofrecuencia.
  • CDL (Common Data Link), un sistema de comunicacións experimental.
  • ROPE (Roadrunner On-orbit Processing Experiment), un conxunto de FPGA para procesar imaxes en formatos militares estándar.
  • HET (Hall Effect Thruster), un motor iónico experimental cun impulso específico de 1600 s cun rango de pulos entre 4 e 17 mN.
  • IGOR (Integrated GPS On-orbit Receiver), un receptor GPS co que facer experimentos de reflexión e transmisión na ionosfera.
  • ADS (Atmospheric Density Specifications), dous experimentos para caracterizar o vento neutro na atmosfera superior, composto por:
    • ACME (Anemometer Cross-track Measurement Experiment), para medir a compoñente cruzada do vento na atmosfera superior (este experimento finalmente non voou para aforrar peso).
    • ADMS (Absolute Density Mass Spectrometer), un experimento para medir a masa atómica das especies principais á altura do satélite.
  • MVIS (Miniaturized Vibration Isolation System), un sistema de amortiguamento para obter mellores imaxes desde órbita.
  • ESA (Experimental Solar Array), un panel de película fotovoltaica flexible deseñada para demostrar dúas tecnoloxías en células solares con dous mecanismos de despregue distintos.
  • AE (Autonomy Experiment), formado por dous subsistemas:
    • OOCE (On-Orbit Checkout Experiment), un sistema autónomo para a comprobación inicial do satélite no primeiro día tras o lanzamento.
  • ATE (Autonomous Tasking Experiment), un sistema que permite a usuarios inexpertos enviar peticións á nave desde o campo de batalla, como por exemplo enviar imaxes da zona, e recibir a información directamente.
  • Inertial Stellar Compass (ISC), unha carga da NASA para determinar a actitude do satélite de maneira continua.

TacSat 2 reentrou na atmosfera o 5 de febreiro de 2011.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TACSAT 2" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (28 de outubro de 2022). "TacSat 2" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 6 September 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-86848 (E)). 17 de setembro de 2007: 3. Consultado o 28 de abril de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TacSat 2 (JWS D1, ST 6ISC)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "TACSAT" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]