Syro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Syro
Álbum de Aphex Twin
Publicado19 de setembro de 2014
Duración64:31
Xénero(s)música electrónica
Selo(s)Warp Records
Producido porRichard D James
Cronoloxía
Chosen Lords Syro -

Syro é un álbum do músico electrónico británico Richard D James, publicado baixo o pseudónimo Aphex Twin o 19 de setembro de 2014 a través do selo Warp Records. É o seu sexto traballo de estudio como Aphex Twin e o seu primeiro traballo de estudio en 13 anos, dende o Drukqs (2001). O álbum é tamén a primeira edición oficial como Aphex Twin dende Chosen Lords (2006), unha recompilación de temas para a serie Analord.

Gravado nun período de varios anos en distintos estudios, Syro conta con 12 cancións e incorpora varios subxéneros de música electrónica como techno, glitch, jungle e ambient. O álbum tamén conta con voces editadas de James e a súa familia.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "minipops 67 [120.2]" (source field mix) 4:47
2. "XMAS_EVET10 [120]" (thanaton3 mix) 10:31
3. "produk 29 [101]"   5:03
4. "4 bit 9d api+e+6 [126.26]"   4:28
5. "180db_ [130]"   3:11
6. "CIRCLONT6A [141.98]" (syrobonkus mix) 6:00
7. "fz pseudotimestretch+e+3 [138.85]"   0:58
8. "CIRCLONT14 [152.97]" (shrymoming mix) 7:21
9. "syro u473t8+e [141.98]" (piezoluminescence mix) 6:32
10. "PAPAT4 [155]" (pineal mix) 4:18
11. "s950tx16wasr10 [163.97]" (earth portal mix) 6:01
12. "aisatsana [102]"   5:21
64:31
Canción extra do CD no Xapón
N.º Título Duración
13. "MARCHROMT30A edit 2b 96 [104.98]"   7:19