Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde febreiro de 2016.)
Sweet California é unha girlband española formada por Sonia Gómez, Alba Reig e Tamy Nsue en 2013. O 10 de xullo de 2013 estreouse o seu primeiro sinxelo Infatuated.[1]
Días despois da súa presentación en redes sociais, o 23 de maio de 2013, subíronse ao canal oficial de Sweet California, uns vídeos de presentación de cada unha delas, cunha pequena entrevista xenérica, para que o público coñecera os gustos das tres cantantes.
O 28 de maio de 2013, publican o seu primeiro vídeo musical en Youtube, para dar a coñecer a súa música, neste vídeo, cantaban unha cover en acústico da canción de Olly Murs, Troublemaker. Pero este non é o único cover que publicaron, se non que, tamén fixeron versións de Disparé de Nena Daconte, Price Tag de Jessy J, Grenade de Bruno Mars e Impossible de James Arthur.
O 10 de xullo de 2013, estrearon na radio dos 40 Principales, o seu primeiro sinxelo, Infatuated, que chegou a ser Trending Topic en Twitter ese día. O 15 de xullo deixaron descargar gratuitamente o seu sinxelo na súa páxina web, pero solo durante o 15 de xullo.