Saltar ao contido

Supervixens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Supervixens
 Título
Supervixens Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Publicación
 Produtor/a
 Distribuidor/a
 Recadación
17.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
100.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
100% Rotten Tomatoes (6 de marzo de 2025)
7/10 Rotten Tomatoes (7 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
13 de novembro de 1976 (Xapón)
12 de agosto de 1977 (Turín)
8 de setembro de 1977 (Países Baixos)
19 de febreiro de 1986 (Madrid)
1 de febreiro de 1984 (Festival de Cinema de Gotemburgo (pt) Traducir)
31 de xullo de 1998 (Dinamarca)
2 de abril de 1975 (Dallas)
20 de abril de 1979 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración105 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/06fknt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0073768 Filmaffinity: 914098 Allocine: 1928 Rottentomatoes: m/supervixens_1975 Allmovie: v47911 TCM: 91984 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Supervixens é unha película estadounidense de 1975, dirixida, escrita e producida por Russ Meyer.

É unha historia dun triángulo amoroso convertido nun cuadrángulo. Nela aparecen os actores usuais de Meyer, como Charles Napier, Uschi Digard e Haji. Ademais, aparece Shari Eubank (que só filmou outra película co director), e Christy Hartburg, na súa única aparición con Meyer.

O director da película Russ Meyer.

Clint Ramsey, empregado dunha gosolineira nunha vila do deserto, é irresistible para as mulleres, levando todas elas o prefixo "Super" nos seus nomes. Convive con SuperAngel (Shari Eubank), unha ninfómana que o chama decotío ó traballo. Amenázao con queimarlle a casa se non aparece alí inmediatamente, e el vai, enfadado. Rexeita as súas propostas sexuais, e discuten. Un veciño avisa á policía, crendo que el a maltrataba, e un axente os separa.

Clint vai a relaxarse a un club de alterne, onde o atende SuperHaji (Haji). Ela ofrécella a chave da súa habitación para que a espere alí, pero el, novamente, rexeita a súa proposta. Namentres, SuperAngel leva á cama ó axente da policía que a atendera, Harry Sledge, atractivo pero impotente. Despechado polos insultos de SuperAngel mofándose del, acaba asasinándoa e prendendo lume á casa. Ao saber o xefe de Clint do asunto, e pensando que fora o seu empregado quen a matara, vai falar con el, pero este dille que non sabe nada, e deciden que debe escapar.

Fai dedo para dirixirse ó oeste. Recólleno unha parella nova, e ela, SuperCherry (Sharon Kelly), faille propostas sexuais. Clint rexéitaas, e solicita baixar. O mozo, enfadado porque rexeitou á súa moza, dálle unha malleira. Tras roubarlle os cartos que lle deixara o xefe, déixano tirado na beiravía.

Clint é salvado por un vello granxeiro, que vive coa súa muller, unha moza ninfómana austríaca que muxe as vacas, SuperSoul (Uschi Digard). Logo de deixar extenuado ó seu marido, peta na porta de Clint á noite. Espida, ponse sobre el na cama, coa intención de violalo. Desiste, pero outro día conségueo na palleira, onde os descobre o marido. Clint ten que escapar correndo, e chega a un motel.

O motel é propiedade dun vello viúvo e caucásico cunha filla negra e sordomuda, SuperEula (Deborah McGuire). Super Eula convénceo para iren dar unha volta polo deserto, pois o seu pai marchara á cidade, pero este, sospeitándoo, regresa co sheriff e se inicia unha persecución polo deserto. Clint logra escapar de novo, e chega a unha gasoliñeira.

Alí traballa SuperVixen. Ela e Clint convértense en parella, traballando felices na gasoliñeira. Pero chega o policía que matara a SuperAngel, que o recoñece, e decide matalos ós dous.

Comentarios

[editar | editar a fonte]

A película está chea de homenaxes.

A batalla final é unha recreación das pelexas do Correcamiños co Coiote na serie de debuxos animados.

Meyer incluíu moitas bromas habituais entre os veteranos da segunda guerra mundial, con referencias á Alemaña nazi.