O seu creador, Fernández, ocupouse do seu desenvolvemento dende o primeiro, coa excepción dos guións iniciais —entre os que destacan os escritos por Efepé—[3] e o do álbum Otra vez el supergrupo —realizado en 2013 con motivo do 40 aniversario e con guión pertencente de novo a Efepé—. O personaxe, deseñado inicialmente para unha monografía de humor gráfico da editorial Euredit,[2] constituíu o último éxito de Bruguera (a popularidade de Superlópez só foi superada por Mortadelo e Filemón[4]), aínda que se desligou do estilo propio da editorial.[4] Máis tarde, Ediciones B fíxose cargo da publicación das historietas, aínda que a serie recibe usualmente a crítica de ter descendido en calidade dende as súas primeiras entregas.[4][5]
Nacida como unha parodia de Superman,[2][6] acabou converténdose nun vehículo do seu debuxante para abordar multitude de temas. Mentres que nas primeiras entregas se atopa máis presente o compoñente paródico, cun humor disparatado, máis adiante a serie adquire unha maior profundidade, coa intención de crear varios niveis de lectura ao incluír unha maior carga social.
É habitual que as historietas traten temas de actualidade, así como que estean fielmente representadas en contornas realistas, froito do carácter observador e detallista do seu creador e do seu empeño por documentarse minuciosamente.[7]
↑Docolomansky Cerda, Cristian (30 de xaneiro de 2010). doscafesyunamesa.com, ed. "20 Preguntas con Jan". doscafesyunamesa.com. Chile. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 3 de marzo de 2011.
Fraile, David (septiembre-octubre de 2011). "Superlopez". Maltravieso del tebeo (Cáceres: Giraldo Gráfico). Homenajeando a Superlópez (1): 18–19. Dep. legal CC-69-2004.
Guiral, Antoni (febreiro de 2008). Los tebeos de nuestra infancia: La Escuela Bruguera (1964-1986). Colección Magnum n.º 7 (2a ed.). Barcelona: El Jueves ediciones. p.357. ISBN978-84-9741-589-7.
Martín, Antonio (1989). "Prólogo". El Génesis de Superlópez. Ediciones B. Colección Ole! n.º 13. pp.2–4. ISBN84-406-0655-9. NA-1010-1988.
Berruezo, Pedro (alias John Tones) (2000). "Superlópez: Fespaña y sus fespañoles". Mondo Brutto (Madrid: Proun Ubik) 20: 20–22.