Saltar ao contido

Superestrutura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terminoloxía pertencente á disciplina da lingüística denominada lingüística textual.

A superestrutura é a estrutura formal global dun texto.

As superestruturas implican a existencia de distintos tipos de textos: narración, artigos xornalísticos, descrición, informes experimentais, cartas etc., cada un cunha forma característica.

As superestruturas, ademais de estar presentes no texto, forman parte dos coñecementos previos do lector, como esquemas mentais: os textos teñen unha estrutura formal que os lectores chegan a interiorizar e a aplicar na lectura e comprensión de novos textos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]