Macroestrutura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A macroestrutura é a estrutura semántica global dun texto. É un termo pertencente á disciplina da lingüística denominada lingüística textual. A diferenza da microestrutura, non é lineal, senón que é global: refírese ó significado xeral dunha serie de proposicións.

A elaboración de macroeestruturas é unha continuación lóxica da captación das microeestruturas: unha vez lidas as oracións dun texto e captada a súa significación (proposicións) e interrelación (microestrutura), elaboramos un resumo mental do seu significado, o resultado desa operación é unha macroeestrutura.

Véxase[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.