Saltar ao contido

Straub-Huillet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jean-Marie Straub (nado en Metz o 8 de xaneiro de 1933 e finado o 20 de novembro de 2022[1]) e Danièle Huillet (nada en París o 1 de maio de 1936 e finada en Cholet o 9 de outubro de 2006), formaron unha parella cinematográfica, dirixindo máis de vinte filmes entre 1963 e 2006.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jean-Marie Straub e Danièle Huillet coñecéronse en 1954 e casaron en 1959, manténdose xuntos até a morte de Danièle, mais sen teren descendencia. Malia seren franceses, traballaron especialmente en Alemaña e Italia, e o seu cinema destaca polo seu estilo rigoroso e de estimulación intelectual. As súas películas adoitan ter fontes de inspiración literarias.

Straub estivo relacionado coa cinefilia parisiense da época, e foi amigo de François Truffaut. Entre 1954 e 1958 traballou como asistente de directores como Robert Bresson, Abel Gance, Jean Renoir ou Jacques Rivette.

Straub e Huillet fixeron en 1963 o seu primeiro filme, unha curtametraxe de 18 minutos sobre un texto de Heinrich Böll, Machorka-Muff. O seguinte foi Nicht versöhnt, de 55 minutos, baseado tamén nunha novela de Heinrich Böll, cunha mirada moi crítica sobre a sociedade, posición que mantiveron de por vida. En 1968 fixeron Chronik der Anna Magdalena Bach, baseada no escrito da muller de Johann Sebastian Bach e con música deste autor. Adaptaron dúas óperas de Arnold Schoenberg, así como a primeira novela de Franz Kafka, Amerika.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Machorka-Muff (1963)
  • Nicht versöhnt oder Es hilft nur Gewalt wo Gewalt herrscht (1965)
  • Chronik der Anna Magdalena Bach (1968)
  • Der Bräutigam, die Komödiantin und der Zuhälter (1968)
  • Les Yeux ne veulent pas en tout temps se fermer, ou Peut-être qu'un jour Rome se permettra de choisir à son tour (1970)
  • Geschichtsunterricht (1972)
  • Einleitung zu Arnold Schoenbergs Begleitmusik zu einer Lichtspielscene (1973)
  • Moses und Aron (1975)
  • Fortini/Cani (1976)
  • Toute révolution est un coup de dés (1977)
  • Dalla nube alla resistenza (1979)
  • En rachâchant (1982)
  • Trop tot, trop tard (1982)
  • Klassenverhältnisse (1984), sobre América de Kafka.
  • Der Tod des Empedokles (1987)
  • Schwarze Sünde (1989)
  • Paul Cézanne im Gespräch mit Joachim Gasquet (1989)
  • Die Antigone des Sophokles nach der Hölderlinschen Übertragung für die Bühne bearbeitet von Brecht 1948 (Suhrkamp Verlag, 1992).
  • Lothringen! (1994)
  • Von heute auf morgen (1997)
  • Sicilia! (1999)
  • Operai, contadini (2001)
  • Il Ritorno del figlio prodigo - Umiliati (2003)
  • Une visite au Louvre (2004)
  • Quei loro incontri (2006)
  • Dialogue d'ombres (2013)
  1. "Le cinéaste Jean-Marie Straub est mort" (en francés). Le Monde. 20 de novembro de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2022. 

{{Barra portal|Cine|Francia]]