Saltar ao contido

Stoá de Zeus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stoá de Zeus
Coordenadas37°58′33″N 23°43′20″L / 37.975833, 23.722222
editar datos en Wikidata ]

A Stoá de Zeus é un edificio da antiga Atenas, descrito por Pausanias. Segundo o estilo arquitectónico que testemuñan os fragmentos atopados, pódese datar entre os anos -430 e -420. Ao contrario da maioría dos monumentos da época clásica erixidos na praza da ágora de Atenas, a súa fachada era enteiramente de mármore, o que explica o carácter infrecuente do edificio. A stoá estaba dedicada a Zeus Salvador (Ἐλευθέριος). Trátase dun edificio con función relixiosa, pero que ten forma de edificio civil, unha stoá. As orixes do culto a Zeus Salvador pódense datar despois da batalla de Platea (-479). Estaba adornada cos escudos dos caídos que loitaron pola súa liberdade. Decorado con pinturas como a Stoá Pécila.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outro artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]