Saltar ao contido

Stoá sur II (Atenas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stoá sur II (Atenas)
editar datos en Wikidata ]
Plano da ágora de Atenas: a Stoá sur II é o número 4.

A Stoá sur II de Atenas era unha stoá situada no lado sur da ágora de Atenas, entre o tribunal da Heliea e a fonte Enneacrunos, construída para substituír a Stoá sur I.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Edificouse na segunda metade do século -II. Constaba dunha soa columnata de 30 columnas dóricas de pedra calcaria, aberta ao norte[1].

A superestrutura reutilizaba elementos dun edificio do século -IV. O seu único adorno era unha pequena fonte situada na parede traseira (sur). O edificio foi situado ao oeste da Estoa sur I, á que substituía, para facer sitio aos niveis inferiores da Praza sur da ágora[2].

  1. "Athens, South Stoa II (Building)". Perseus Digital Library (en inglés). 
  2. "Agora Monument: South Stoa II". ASCSA.net (en inglés). American School of Classical Studies at Athens.