Stiacciato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Formella 06, donatello, banchetto di erode, 1427 01.JPG

O stiacciato ou schiacciato (relevo aplanado) é unha técnica escultórica que permite realizar un baixorrelevo cunha variación mínima (ás veces fálase de milímetros) respecto ao fondo. Para dar ao espectador a ilusión de profundidade, o espesor diminúe gradualmente a partir de primeiro plano ata o fondo. Aplícanse tamén as leis da perspectiva para potenciar o efecto. Este tipo de relevo adoita estar realizado en mármore ou pedra, aínda que hai exemplos tamén en madeira.

Esta técnica foi utilizada principalmente nos séculos XV e XVI, durante o Renacemento, cando se puxo moi de moda entre os escultores. Un dos seus iniciadores foi Donatello. Exemplos coñecidos dentro da súa obra son o trasfondo do relevo de San Xurxo salvando a princesa (1416-1417), a famosa Madonna Pazzi (anos 1430) ou A Asunción na igrexa de Sant'Angelo a Nilo en Nápoles (1426-1428). Outros artistas que empregaron esta técnica foron Desiderio da Settignano e Agostino di Duccio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Geese,Uwe (1999). El arte en la Italia del Renacimiento:La escultura del Renacimiento italiano. Còlonia, Könemann. ISBN 3-8290-2039-2.