Stewart Springer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStewart Springer
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1906
Morte23 de agosto de 1991
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade Butler
Universidade George Washington
Actividade
Ocupaciónbiólogo, herpetólogo, ictiólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaSpringer Editar o valor em Wikidata

Stewart Springer, nado o 5 de xuño de 1906 e finado o 23 de agosto de 1991, foi biólogo, herpetólogo e ictiólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Stewart Springer foi un naturalista de campo, inicialmente autodidacta. En 1964, 35 anos despois de abandonar a Unbiversidade Butle, obtivo unha licenciatura na Universidade George Washington despois de haber logrado o éxito no campo da ictioloxía.

Moitos colegas e estudantes dirixíanse a el como doutor, supoñendo, erroneamente, que debía ter un doutoramento en bioloxía ou nun campo afín, dado o seu status na comunidade mundial de ictiólogos.

Springer foi un experto de renome mundial no comportamento, taxonomía e na distribución das poboacións dos condrictios.

Máis de 35 especies de tiburóns, raias e outros animais foron clasificadas por el, ou nomeadas na súa honra.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Springer emprégase para recoñecer a Stewart Springer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.