Allianz Riviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stade de Nice»)

Coordenadas: 43°42′18″N 7°11′33″L / 43.70513, 7.19262

Allianz Riviera
Datos
LocalizaciónNiza, Francia
Construción
Inauguración22 de setembro de 2013
ArquitectoJean-Michel Wilmotte
Custo245 millóns de
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións131 x 73
Capacidade35.000
LocalíaOGC Nice
Eventos

O Allianz Riviera é un estadio situado no barrio de Saint-Isidore de Niza, en Francia. Nel xoga os seus partidos o OGC Nice en substitución do antigo Stade du Ray.

Ten unha capacidade de 35.000 espectadores e foi inaugurado o 22 de setembro de 2013 despois de dous anos de obras. Foi unha das sedes da Eurocopa 2016.