Spirula spirula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Spirulina")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Spirula spirula
Espírula

Rango fósil: mioceno - actualidade [1]
Vista dorsal da femia
Vista dorsal da femia

Vista ventral da femia (Os cromatóforos do manto foron eliminados)
Vista ventral da femia
(Os cromatóforos do manto foron eliminados)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Protostomia
Clado Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Subfilo: Conchifera
Clase: Cephalopoda
Subclase: Coleoidea
Superorde: Decapodiformes
Orde: Spirulida
Stolley, 1919
Suborde: Spirulina
Pompeckj, 1912
Familia: Spirulidae
Owen, 1836
Xénero: Spirula
Lamarck, 1799
Especie: S. spirula
Nome binomial
Spirula spirula
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
  • Véxase o texto

Spirula spirula é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, a única vivente do xénero Spirula, da familia dos espirúlidos, da suborde dos espirulinos e da orde dos espirúlidos.[3]

É unha especie peláxica (é dicir, que habita en augas profundas, oceánicas) similar exteriormente a unha lura ou a unha sepia, pero a súa principal característica é a presenza dunha cuncha interna coa estrutura dividida en cámaras, que asegura a flotabilidade do animal.

Os exemplares vivos desta especie son raramente observados na natureza debido aos ambientes profundos onde viven. Porén, a cuncha interna, aínda que é pequena, é moi robusta e a súa flotabilidade é alta debido aos gases internos así que, despois da morte do animal, pode flotar durante un tempo aparecer nas costas temperado-tropicais de todo o mundo.

Características[editar | editar a fonte]

Ilustración dun animal vivo.
Fin do manto, mostrando o fotóforo.

Son pequenos cefalópodos pñarecidos a unha sepia ou a certas luras, pero son forman parte de nigún destes dous grupos, e forman unha orde á parte. Caracterízanse por teren unha cuncha interna enrolada e non soldada, con cámaras conectadas cun sifón en posición proximal, á maneira da cuncha dos náutilos. O seu tamaño non supera os 5 cm de lonxitude.

O corpo das espírulas mide entre 35 e 45 mm, e está cuberto por un epitelio de cor pardfa avermellada con refrexos prateados. Está dotado, en posición traseira de días aletas estabilizadoras. A cabeza ten grandes ollos, moi evolucionados, dotados de cristalino, e da que xorden dez tentáculos, todos equipados con ventosas, dous dos cales son máis longos que os outros e teñen un ensanchamento ou maza no extremo. Os tentáculos poden retraerse completamente baixo o manto. A parte posterior do corpo contén un órgano bioluminiscente, o fotóforo, situado entre as dúas aletas e rodeado por unha prega anular da pel.

A cuncha é de cor branca e translúcida, e está situada na parte posterior do corpo do animal, enteiramente cuberta polo manto, e está constituída totalmente polo fragmocono, é dicir, da parte que ten a estrutura dividida en cámaras. É unha cuncha de forma cónica, enrolada en espiral (planiespiral), no plano de simetría do cuerpo, de tipo xirocono (onde os xiros sucesivos non se tocan) endogástrico (sobre o lado ventral do organismo). A cuncha está dividida en compartimentos mediante tabiques (septos) —máis de trinta nos adultos— e atravesada por un sifón que transcorre en posición ventral. O sifón é unha estrutura de tecido vivo formada por un prolongamento do manto, parcialmente mineralizada, cuxa función é regular a presión dos gases e líquidos contidos nas cámaras, variando o equilibrio hidrostático e, con iso, a profundidade que pode alcanzar o organismo. A posición do animal vivo é subvertical, coa cabeza cara a abaixo.[4]

A especie carece de rádula,[5][6] ou como máximo ten unha rádula vestixial.[4]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Vista oral da maza do tentáculo esquerdo.

Polo día, Spirula spirula vive nas profundidades dos océanos, chegando até os 1 000 m. Pola noite, sobe até os 100 ou 300 m.[7] Estes animais prefiren augas a temperaturas de ao redor dos 10 °C, e adoitan vivir nas proximidades de illas oceánicas, cerca da plataforma continental.[4]

A maioría das fontes citan esta especie como de distribución tropical, e observouse que son abundantes nos mares subtropicais ao redor das illas Canarias. Así mesmo, significativas cantidades de cunchas encontráronse adoito ao longo das costas occidentais de Suráfrica. Porén, grandes cantidades de cunchas de espírulas mortas se encontraron incluso en rexiónes temperadas, como nas costas de Nova Zelandia. Debido á gran flotabilidade das cunchas, poden posibelmente seren transportadas a longas distancias polas correntes oceánicas.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Descoñéces gran poarte dos hábitos e do ciclo vital destes organismos. Porén, pénsase que a desova prodúcese en inverno en augas profundas, pero non se viron directamente. De cando en vez deben aventurarse a ascender até os 10 m, porque téñense encontrado nos estómagos de albatros.[8]

Spirula spirula pode emitir unha luz verde grazas a un fotóforo situado na punta do seu manto, entre as aletas en forma de orella.[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta especie foi descrita por primeira vez en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo), na décima edición do seu Systema Naturae co nome de Nautilus spirula.[3] Ao poco temnpo foi reclasificada dentro do xénero Spirula, descrito en 1799 polo francés Jean-Baptiste Lamarck.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico spirula, que se emprega tanto para o mome do xénero coma para o específico, é un dimunutivo do latín spira, 'espira'.[9][10]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome orixinario de Linneo, e do actualmente válido, a especie coñeceuse tamén ao longo da historia polos sinónimos seguintes:[3]

  • Lituus laevis Gray, 1849
  • Spirula australis Lamarck, 1816
  • Spirula blakei Lönnberg, 1896
  • Spirula peronii Lamarck, 1822
  • Spirula reticulata Owen, 1848
  • Spirulea prototypos Péron, 1807

Clasificación[editar | editar a fonte]

Subclase Coleoidea Bather, 1888

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hayward, B. W. (1977): "Spirula (Sepioidea: Cephalopoda) from the Lower Miocene of Kaipara Harbour, New Zealand" New Zealand Journal of Geology and Geophysics 19 (1): 145-147.
  2. Barratt, I. & Allcock, L. (2012): Spirula spirula na Lista vermella da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 13-03-2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 Spirula spirula (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Warnke, K. & Keupp, H. (2005): "Spirula—a window to the embryonic development of ammonoids? Morphological and molecular indications for a palaeontological hypothesis". Facies 51: 60. Resumo.
  5. Nixon, M (1985): "The buccal mass of fossil and recent Cephalopoda", en Wilbur, Karl M. The Mollusca. New York: Academic Press. ISBN 0-12-728702-7.
  6. Landman, Neil H.; Tanabe, Kazushige & Davis, Richard Arnold, eds. (1996): Ammonoid paleobiology. New York: Plenum Press. ISBN 978-0-306-45222-2.
  7. Clarke, M. R. (2009): "Cephalopoda collected on the SOND Cruise". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 49: 961 Resumo.
  8. Price, G. D.; Twitchett, R. J.; Smale, C.; Marks, V. (2009). "Isotopic Analysis of the Life History of the Enigmatic Squid Spirula Spirula, with Implications for Studies of Fossil Cephalopods". PALAIOS 24 (5): 273–279. 
  9. Webster's Revised Unabridged Dictionary.
  10. Chambers's Twentieth Century Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]