Space Recovery Experiment
| Space Recovery Experiment / SRE | |
|---|---|
SRE-1 despois da súa recuperación. | |
| Tipo | Tecnolóxico |
| Organización | ISRO |
| Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
| Data de lanzamento | 10 de xaneiro de 2007, 4:16 GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | PSLV-G[3][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial Satish Dhawan[3][5] |
| Duración da misión | 12 días[5] |
| Obxectivo da misión | Cápsula recuperable experimental.[3][5] |
| Decaemento | 22 de xaneiro de 2007[1] |
| NSSDC ID | 2007-001C |
| Masa | 550 kg[3] |
| Dimensións | Cono de 1,60 m de altura e 2,0 m de diámetro na base[4] |
Space Recovery Experiment, tamén coñecida como Space Capsule Recovery Experiment, SCRE ou SRE foi unha cápsula espacial experimental da India lanzada o 10 de xaneiro de 2007 mediante un foguete PLSV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[5][4][3]
Características
[editar | editar a fonte]SRE era un demostrador tecnolóxico para estudar a reentrada atmosférica e a recuperación dunha cápsula espacial. A nave tiña unha masa de 500 kg e forma cónica, cun diámetro de 2,0 m na base e unha altura de 1,60 m. Unha vez lanzada permaneceu varios días en órbita terrestre para facer experimentos en microgravidade ata o seu regreso e reentrada na atmosfera protexida por un escudo térmico para acabar amarando no golfo de Bengala o 22 de xaneiro de 2007. Planificáronse dúas cápsulas SRE, aínda que só se chegou a lanzar unha.[5][4][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SRE-1" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Note verbale dated 23 February 2007 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-81084 (E)). 27 de febreiro de 2007: 2. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (29 de setembro de 2021). "SRE 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SRE 1, 2" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2021). "SRE" (en inglés). Consultado o 1 de outubro de 2021.