SpaceShipTwo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha SpaceShipTwo colgando no medio do White Knight 2.

SpaceShipTwo é un avión espacial suborbital deseñado pola compañía Scaled Composites derivado do SpaceShipOne.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A SpaceShipTwo, derivad da SpaceShipOne e propiedade de Virgin Galactic, lánzase desde a aeronave White Knight 2 e propulsábase mediante un foguete con motor híbrido. Na cabina presurizada hai espazo para dous pilotos e seis pasaxeiros. A nave está deseñada para facer voos turísticos suborbitais ata o límite onde comeza o espazo. Para a reentrada as súas alas inclínanse cara a arriba para estabilizar a nave e reentrar coa parte inferior da nave por diante. Para a aterraxe as ás volven á configuración inicial, como nunha aeronave convencional. Construíronse dúas SpaceShipTwo: a VSS Enterprise (destruída durante un voo) e a VSS Unity. Esta última levou a cabo o primeiro voo comercial de Virgin Galactic o 11 de xullo de 2021.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo Data Resultado Notas
1 29 de abril de 2013 Éxito VSS Enterprise. Altura de 16,8 km, velocidade de 1,2 Mach.
2 5 de setembro de 2013 Éxito VSS Enterprise. Altura de 21,0 km, velocidade de 1,43 Mach.
3 10 de xaneiro de 2014 Éxito VSS Enterprise. Altura de 21,6 km, velocidade de 1,4 Mach.
4 31 de outubro de 2014 Fallo VSS Enterprise. O mecanismo de inclinación das ás púxose en marcha durante o voo propulsado, destruindo a aeronave e

causando a morte dun dos pilotos e graves feridas ao outro.

5 5 de abril de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 25,7 km, velocidade de 1,87 Mach.
6 29 de maio de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 34,9 km, velocidade de 1,9 Mach.
7 26 de xullo de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 52,0 km, velocidade de 2,47 Mach.
8 13 de decembro de 2018 Éxito VSS Unity. Altura de 82,0 km, velocidade de 3 Mach.
9 22 de febreiro de 2019 Éxito VSS Unity. Altura de 89,9 km, velocidade de 3 Mach.
10 12 de decembro de 2020 Fallo Voo abortado por problemas co motor. A nave regresou planeando.
11 22 de maio de 2021 Éxito VSS Unity. Altura de 89,2 km.
12 11 de xullo de 2021 Éxito VSS Unity. Primeiro voo comercial.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "SpaceShip Two" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SpaceShipTwo (SS2)" (en inglés). Consultado o 26 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]